Sala María Barbeito
No marco do encontro presentarase o estudo ‘O sistema prostitucional na era dixital: radiografía sociolóxica a partir dos discursos das mulleres prostituídas e/ou vítimas de trata sexual e de persoas técnicas en Galicia’

O persoal investigador e docente da USC Jorge García Marín, Lorena Añón Loureiro e Begoña Gómez Vázquez presentarán o venres 29 o estudo ‘O sistema prostitucional na era dixital: radiografía sociolóxica a partir dos discursos das mulleres prostituídas e/ou vítimas de trata sexual e de persoas técnicas en Galicia’.
A presentación desta investigación terá lugar ás 10.00 horas na sala María Barbeito da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) e será coa que dea comezo a xornada ‘Diálogos e reflexións sobre a violencia simbólica e sexual na era dixital: unha aproximación ao sistema prostitucional’ na que se enmarca.
A continuación, Enma Velo, da área de Comunicación da ONG Ecos do Sur, ofrecerá a charla ‘Como combater a manosfera cunha campaña contra a trata na era dixital’ e Natalia Colmenar e David Santos, da ONG Diaconía España, farán o propio con ‘The good agency? Sensibilizar sobre a explotación sexual en contornas dixitais’. A violencia simbólica e sexual será a temática da mesa redonda coa que rematará o encontro.
A asistencia a esta xornada é aberta, mais as persoas que se inscriban recibirán un certificado de asistencia.
