Ir o contido principal

Xornadas Internacionais Mulleres na Historia

20.10.2023 | 09.15h

Santiago de Compostela
Aula 8

Coordinadas por Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia

Cartel da xornada
Cartel da xornada

As oitavas Xornadas Internacionais Mulleres na Historia, coordinadas por Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia desenvolveranse o 20 de outubro na Aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia. Nesta ocasión, o encontro científico organízase baixo o lema 'Mulleres Boas' e poderá seguirse de xeito presencial ou en modalidade a distancia (só para alumnado e interesados externos á USC). As xornadas están abertas á comunidade investigadora e a outro público interesado. A Inscrición de balde remata o 19 de outubro, ás 19.00 horas, a través dos enderezos alex.valledor [at] rai.usc.es (alex[dot]valledor[at]rai[dot]usc[dot]es) ou mario.sixto [at] rai.usc.es (mario[dot]sixto[at]rai[dot]usc[dot]es). Os e as asistentes de fóra da USC deberán contactar coa secretaría para obter a ligazón virtual.

O encontro está recoñecido pola CAPD, polo que se entregará certificado de asistencia cun valor de 10 horas aos/ás estudantes do programa de doutoramento Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC. Tamén se entregará diploma de asistencia presencial aos/ás estudantes dos mestrados e dos graos universitarios da USC, cun valor de dez horas. A asistencia a distancia, a través de Microsoft Teams, queda reservada para os/as estudantes e investigadores/as externos á USC, así como outro público interesado non vinculado á institución organizadora. Todos/as os interesados en participar a distancia e en recibir a acreditación de participación deberán enviar un resumo de un máximo de dous folios antes do 31 de outubro de 2023.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.10.2023.