Ir o contido principal

X Xornadas internacionais ‘Mulleres na Historia. Mulleres fráxiles e coidadoras’

17.10.2025 | 09.15h
Xornadas Internacionais Mulleres na Historia
Xornadas Internacionais Mulleres na Historia

A décima edición das Xornadas Internacionais Mulleres na Historia desenvolveranse o venres 17 na Facultade de Xeografía e Historia baixo o lema ‘Mulleres fráxiles e coidadoras’. Están coordinadas nesta ocasión por Ofelia Rey e Ana M. Sixto, con Tomás Manso como secretario.

Ademais da compostelá, na xornada participará persoal experto das Universidades Complutense de Madrid, Cantabria, León e Castela-A Mancha, que impartirá cadanseu relatorio, ademais de contar coa conferencia convidada ‘Mulleres fráxiles? Mulleres do reino de Granada fronte ao cativerio das súas familias (1550-1570’ a cargo de Bernard Vincent, do EHESS-CNRS de Francia.

Diversidade feminina en torno ao ámbito cortesán hispano baixomedieval, muller e bufonería na corte dos Austrias, mulleres travestidas e a figura da muller en distintas etapas da Historia na súa vertente coidadora e en relación ás enfermidades e a sanación son algunhas das cuestións a tratar neste encontro.
 

Cartel da xornada
Cartel da xornada
Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.10.2025.