Ir o contido principal

Xornadas ‘Pedagoxía ata na sopa’

17.03.2025 | 16.00h-20.00h
Detalle do cartel
Detalle do cartel

Reflexionar sobre a relevancia da Pedagoxía en múltiples e moi variados contextos é a finalidade das xornadas ‘Pedagoxía ata na sopa’ que o alumnado da materia Contextos Educativos do segundo curso do Grao de Pedagoxía desenvolverá o vindeiro luns 17 na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) coa presenza de profesionais de recoñecido prestixio.

Con acceso libre ata completar a capacidade do salón de actos, de 16:00 a 20:00 horas as persoas asistentes poderán gozar, entre outros, do historiador da arte, educador cultural e divulgador Miguel A. Cajigal (máis coñecido como @elbarroquista) que falará sobre a relación entre a pedagoxía, a cultura e a arte.

Pola súa banda, a docente e investigadora na USC Emma Mayo achegará as súas inquedanzas sobre a relación actual entre a psicoloxía e a educación na encrucillada da diversidade, mentres que o pediatra e formador sanitario Luis Sánchez abordará as cuestións que teñen que ver coa formación pedagóxica a familias, unha tarefa que, en moitas ocasións, recae nos profesionais da pediatría comunitaria. Na súa quenda, Manuel Rey, do IGFAE, debuxará a complicada pero necesaria intersección entre a pedagoxía e a investigación de primeira liña e Gabriel Botana achegará ao alumnado as oportunidades de desenvolvemento profesional da pedagoxía no mundo editorial.

Ademais, haberá tres mesas de debate sobre aspectos pedagóxicos vinculados ao deporte, o desenvolvemento dunha cidadanía activa e responsable desde os concellos e o acceso á profesión pedagóxica do estudantado, coas súas expectativas e realidades.

Ademais gustaríanos engadir, por se é do voso interese, que contamos cunha conta de instagram (chamada @pedagoxiatanasopa), a cal utilizamos para así poder dar visibilidade a organización de ditas xornadas.
 

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.03.2025.