Santiago de Compostela
Olladas da investigación universitaria e diálogos para a transferencia

O Centro de Investigación Interuniversitaria das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) desenvolve unhas xornadas centradas nas paisaxes atlánticas resilientes en transición ambiental. O centro, ao que se incorporaron no mes de xuño máis de 80 investigadoras e investigadores das tres universidades galegas, programa este espazo de encontro no Edificio Fontán, na Cidade da Cultura, entre os días de 19 e 21 de outubro. O evento estrutúrase en cinco sesións que combinarán conferencias maxistrais con mesas redondas de diálogo .
Na inauguración das xornadas, o mércores 19 de outubro ás 11.30 horas, participarán o ministro de Universidades D. Joan Subirats Humet (en liña), o reitor da Universidade de Santiago de Compostela Antonio López Díaz e o reitor da Universidade da Coruña Julio Abalde Alonso.
Nas xornadas trataranse asuntos relacionados coa demografía, a transición ambiental, o patrimonio atlántico ou a globalización. Contarán coas intervencións de persoal investigador de universidades internacionais, como a Saskia Sassen, socióloga da Columbia University e premiada co Príncipe de Asturias no ano 2013. Haberá tamén representación do Instituto Universitario di Firenze, da Universitat de Barcelona ou da Universidade de Lisboa, entre outras institución. e a asistencia libre, previa inscripción no enderezo cispac.xestion@usc. O programa completo das xornadas está dispoñible en liña.
O CISPAC pretende ser referente no panorama internacional das humanidades e das ciencias sociais, abordando un estudo transdisciplinar a través de cinco campos de traballo: paisaxes que teñen xente, paisaxes que producen, paisaxes gobernadas, paisaxes que teñen patrimonio e paisaxes visitadas.