Santiago de Compostela
Dirixida ao alumnado do 4º grao de Enfermaría.

O vindeiro mércores 20 de abril, a partir das 9.00 horas, celebrarase no Pavillón Docente Novoa Santos a "V Xornada de Saídas Profesionais para Enfermería", organizada pola Facultade, e dirixida ao alumnado de 4º do grao en Enfermería.
O obxectivo é presentar ao estudantado algunhas das numerosas opcións profesionais ás que poderán acceder. As persoas relatoras convidadas á Xornada participarán nunha serie de charlas e coloquios abertos onde as persoas asistentes terán a oportunidade de formularlles cuestións e resolver as súas dúbidas. As convidadas contan con perfís moi variados (docencia, investigación, especialidades enfermeiras, sanidade pública, corpo militar e ONGs) que representan unha importante gran variedade de itinerarios profesionais.
A xornada é gratuita, por efectos organizativos as inscricións deben realizarse nesta ligazón: https://forms.office.com/r/6kUzyqiFdN