Ir o contido principal

Xornadas 'Tempo da Psicoloxía'

19.02.2024-22.02.2024

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Desenvolverase entre os días 19 e 22 de febreiro a súa sexta edición, dedicada á análise do suicidio a través de tres palestras e unha conferencia organizadas conxuntamente entre a Facultade de Psicoloxía e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Detalle da ilustración do cartel
Detalle da ilustración do cartel

As xornadas abordarán a incidencia do suicidio desde distintos enfoques como a prevención, a intervención, o apoio comunitario e a atención na infancia e adolescencia. Na xornada do luns 19 abordarase o papel do sistema de saúde no relativo a prevención e a intervención e seguiralle un relatorio o martes 20 sobre a influencia do ámbito comunitario, como base da prevención e o apoio. Tamén haberá espazo, o mércores 21, para a atención á infancia e á adolescencia no contexto educativo. Xa o xoves 22 ás 12.00 horas conmemorarase o Día da Psicoloxía Académica, cunha conferencia do psicólogo e investigador Luis Fernando López Martínez.

As distintas sesións estarán abertas a todo o público interesado, con carácter gratuíto, e poderán seguirse de xeito presencial no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía ata o límite de capacidade do espazo, así como en liña, para o que será preciso inscribirse no formulario da web https://tempodapsicoloxia.gal. Todas as intervencións comezarán ás 18.00 horas e terán unha duración estimada de 90 minutos, excepto a do xoves 22 que comeza ás 12.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.02.2024.