Ir o contido principal

X Xornadas de Usuario de R en Galicia

18.10.2023 | 09.10h-19.30h

Organizada pola O Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLISA) e patrocinada pola AMTEGA, coa xornada trátase de promocionar e difundir o coñecemento libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións.

A sesión celebrarase na Facultade de Matemáticas
A sesión celebrarase na Facultade de Matemáticas

A décima edición da Xornada de Usuarios/as de R en Galicia terá lugar o mércores 18 co obxectivo de ser punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade. Esta edición desenvolverase de xeito presencial na Facultade de Matemáticas e tamén se poderá seguir en vivo a través da web.

Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLISA) e patrocinada pola AMTEGA, coa xornada trátase de promocionar e difundir o coñecemento libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións.

O programa contempla un total de dezaoito relatorios ao longo de todo o día e unha mesa redonda para celebrar o décimo aniversario da xornada. Do total de relatorios, oitos son convidados (Ariel Levy da Universidade Federal Fluminense de Brasil; María Martín Vila do Instituto Galego de Estatística; Naomi Diz Rosales e Salvador Naya Fernández da Universidade da Coruña; Alejandro Saavedra Nieves e Manuel Febrero Bande da Universidade de Santiago de Compostela; Laura Alonso Martínez da Universidade de Vigo, Jose Piñeiro Abal de ABANCA) e ás outras dez intervención atenderon á chamada de recepción de propostas.

A mesa redonda será moderada pola profesora Mª José Ginzo Villamayor e nela intervirán unha representación de participantes na primeira xornada celebrada en 2013: Mª Esther López Vizcaíno, do Instituto Galego de Estatística; Salvador Naya Fernández e Manuel Oviedo de la Fuente (UdC); Gael Naveira Barbeito e Miguel Ángel Rodríguez Muíños, da Consellaría de Sanidade; e Manuel Febrero Bande (USC).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.10.2023.