Ir o contido principal

Xornadas ‘O xénero detrás da cámara: novas reflexións en torno á fotografía galega contemporánea’

23.10.2024 | 16.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos da Facultade de Filosofía

Organizadas polo grupo ‘Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades’ (IDEAHS) da USC

Foto: Bicanski
Foto: Bicanski

O grupo ‘Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades’ da USC (IDEAHS) organiza os días 23 e 24 de outubro as xornadas ‘O xénero detrás da cámara: novas reflexións en torno á fotografía galega contemporánea’, que se desenvolverán na Facultade de Filosofía e na Fundación DIDAC. A asistencia á xornada é libre previa inscrición.

Na primeira sesión deste seminario, a do mércores 23 no Salón de Actos de Filosofía, dedicarase a facer unha revisión da fotografía galega con perspectiva de xénero. A partir das 16.15 sucederanse charlas de Olaia Sendón, Jennifer Novoa e Anna Turbau, que reflexionarán sobre o pasado e analizarán mulleres fotógrafas relevantes.

O xoves 24 tamén en Filosofía o debate centrarase na diversidade, en identidades e novas aproximacións á fotografía galega. Participarán, con cadansúa intervención, Xosé M. Buxán Bran, Maria Gil e Andrea Costas Lago. Ese día as sesións trasladaranse pola tarde á Fundación DIDAC (Rúa de Pérez Costanti, 12, Santiago) para desenvolver as últimas palestras sobre a fotografía galega na creación contemporánea, que contará con Violeta Janeiro, Ariadna Silva Fernández e Sabela Eiriz.

Programa das xornadas
Programa das xornadas
Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.10.2024.