Ir o contido principal

Congreso

XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións

04.11.2021-06.11.2021

Evento da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e organizado polo Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da USC e outros profesionais da Estatística.

Cartel do evento
Cartel do evento

O XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións continúa coa liña de celebrar congresos bienais e de rotación entre as universidades galegas, sendo a terceira ocasión en que a SGAPEIO celebra en Santiago de Compostela o seu congreso bienal.

A finalidade deste XV Congreso é dar a coñecer innovacións na metodoloxía, nas aplicacións, e no ensino, da Estatística e a Investigación de Operacións, en todos os eidos do coñecemento científico e tecnolóxico. Con tales fins, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e sesións de comunicacións orais e tipo póster.

Tendo en conta a situación sanitaria motivada pola pandemia da COVID-19, as actividades do congreso cumprirán todas as medidas necesarias para garantir a seguridade das persoas participantes no congreso. Por este motivo, contémplase a posibilidade de que algunhas sesións se realicen de maneira telemática, mentres que as sesións que podan realizarse de maneira presencial respectarán as restricións de aforo e outras medidas preventivas. As actividades culturais, que esperamos poder celebrar, tamén estarán suxeitas a estas restricións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.08.2021.