Ir o contido principal

XV Olimpíada de Xeoloxía

07.02.2024 | 11.00h-17.30h

Santiago de Compostela
Aula Magna

Entrada da Facultade de Bioloxía. FOTO: Santi Alvite
Entrada da Facultade de Bioloxía. FOTO: Santi Alvite

A Facultade de Bioloxía acolle o mércores 7 de febreiro a XV Olimpíada de Xeoloxía, destinada a alumnado de cuarto curso de ESO e de Bacharelato, que comeza a partir das 11.00 horas coa recepción de participantes na Aula Magna. Desde as 11.30 ata as 13.00 horas será o exame práctico por equipos, unha xincana xeolóxica polo interior  e o exterior da Facultade (Campus Sur), se as condicións meteorolóxicas o permiten. Entre as 13.00 e as 15.00 horas é o tempo libre para xantar.

A partir das 15.00 horas desenvolverase o exame teórico na Aula Magna, cunha duración dunha hora. Entre as 16.00 e as 17.15 horas haberá actividades complementarias organizadas pola Facultade de Bioloxía e ás 17.30 horas será o acto de clausura da xornada e entrega de premios. A XV Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra (AEPECT), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.

Cartel da XV Olimpiada de Xeoloxía
Cartel da XV Olimpiada de Xeoloxía
Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2024.