Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Neste curso da Universidade de Verán abordaranse debates sobre feminismo e educación en igualdade nos ámbitos educativo e social, favorecendo unha reflexión sobre a igualdade como compromiso educativo e rachando os roles e estereotipos de xénero; promoverase a participación e integración entre escola e comunidade; facilitarase o encontro de profesionais de distintos ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades; incrementarase a conciencia sobre as diferentes formas e expresións de violencias machistas e coñeceranse boas prácticas para o desenvolvemento de actuacións igualitarias en diferentes contextos.
Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 31 horas lectivas, abrangue do 12 ao 16 de xullo.
A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) con dous créditos ECTS para o seu alumnado de grao.
As prazas están limitadas 95 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 2 de xullo, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.