Evento organizado pola USC, a Sociedade Española de Pedagoxía, RETINDE e WERA

O XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía terá lugar os vindeiros 7 e 9 de xullo en liña.
Baixo o lema 'A educación en rede. Realidades diversas, horizontes comúns', o congreso terá lugar xunto ao 'Focal Meeting', por primeira vez en España, da World Education Research Association (WERA). Este acontecemento supón unha oportunidade de reflexión e proposta de acción compartida desde un contexto histórico e culturalmente diverso.
A inauguración do congreso contará coa participación de Antonio López Díaz, reitor da USC; Alberto Nuñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia; Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela; Mariano Jabonero Blanco, secretario xeral da Organización dos estados Iberoamericanos; e Alejandro Tiana Ferrer, secretario de Estado de Educación; e poderá seguirse en directo a través da seguinte ligazón a partir das 9.30 horas do día 7.