03.05.2021 | 20.30h
Organiza a Aula de Teatro da USC con motivo do seu 30 aniversario e en colaboración coa Deputación da Coruña

A XXI Mostra de Teatro Universitario de Galicia desenvolverase do 3 ao 9 de maio entre o Teatro Principal de Santiago de Compostela (despacho de entradas aberto desde as 18.00 horas) e a Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (despacho de entradas aberto desde as 19.30 horas). Todas as representacións serán ás 20.30 horas.
Esta edición da mostra contará coas seguintes representacións:
- Luns 3 de maio: 'A casa da forza (2,52-88)' (Angélica Liddell), a cargo da Aula de Teatro da USC - Compañía de Teatro.
- Martes 4 de maio: 'A emperadora' (Carmen Conde), a cargo da Compañía de Teatro da USC - Campus de Lugo.
- Mércores 5 de maio: 'Aínda que siga brillando a lúa' (dramaturxia de Fernando Dacosta baseada en 'Crónicas marcianas' de R. Bradbury), a cargo do Grupo Maricastaña da Aula de Teatro Universitaria de Ourense.
- Venres 7 de maio: 'Allora', a cargo de LeBarata PRODUCIÓNS (USC).
- Sábado 8 de maio: 'Pon pilas na conacha', ensaio aberto e coloquio posterior (Creación colectiva), a cargo de Efecto Lamprea (USC).
- Domingo 9 de maio: 'Tic tac' (dramaturxia de Fernando Dacosta baseada no libro de Suso de Toro), a cargo da Aula de Teatro Universitaria do Campus de Vigo.
Consulta os espazos de cada representación no cartel do evento.