Ir o contido principal

Congreso

XXIII Congreso Ítalo-Español de Profesores de Dereito Administrativo

26.05.2022-28.05.2022 | 16.30h-14.00h

Salón Nobre
Santiago de Compostela

A 'Rehabilitación urbana e protección do patrimonio cultural', as 'Reformas administrativas e intervencións para a resiliencia e para a recuperación económica' e o 'Dereito administrativo e sociedade dixital, son os eixes temáticos da 23ª edición deste encontro

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acollerá a XXIII edición do Congreso. Foto: Santi Alvite
O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acollerá a XXIII edición do Congreso. Foto: Santi Alvite

Do 26 ao 28 de maio de 2022, o Salón Nobre do Colexio de Fonseca acollerá o XXIII Congreso Ítalo-Español de profesores de Dereito Administrativo. 

A sesión de apertura terá lugar o xoves 26 de maio ás 16.30 horas, e contará coas intervencións de Tomàs Font i Llovet, presidente da Sección Española da Asociación de Administrativistas Ítalo-Españois (AAIS); Fernano López Ramón, presidente da Asociación Española de Profesores de Dereito Administrativo (AEPDA); Fabio Alberto Roversi Monaco, presidente da Sezione italiana de la Associazione Amministrativisti Italo-Spagnoli – Luciano Vandelli (AAIS); Francesco Manganaro, presidente da Associazione Italiana dei Professori di Diritto Amministrativo (AIPDA); Luis Miguez Macho, coordinador doCongreso e Marco Dugato, director do Taller de Investigación da SPISA – Universidad de Bolonia.

52 anos despois da súa terceira edición, celebrada en Santiago de Compostela en 1970, o Congreso Ítalo-Español de Profesores de Dereito Administrativo regresa á cidade cun programa científico centrado en tres temas principais:  a rehabilitación urbana e protección do patrimonio cultural, algo especialmente axeitado nunha cidade cuxo centro histórico é Patrimonio Mundial da UNESCO; as reformas administrativas e intervencións para a resiliencia e a recuperación económica;  e o Dereito administrativo e sociedade dixital, cuestións de plena actualidade nestes momentos de postpandemia e novas perturbacións económicas nunhas sociedades en plena transformación dixital.

Este XXIII Congreso Ítalo-Español dedícase á memoria do profesor Luciano Vandelli, un dos grandes impulsores destes encontros nas últimas décadas, e nel tamén será lembrado o profesor Alfonso Masucci, asiduo participante nestas reunións científicas.

O programa completo do evento e ás súas actividades complementarias, así como os aloxamento recomendados pola organización están dispoñibles na páxina web do congreso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.05.2022.