Ir o contido principal

Clausura

XXIV Encontro da Conferencia Estatal de Defensorías Universitarias

30.09.2022 | 12.30h-14.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

A sesión desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía, este mércores 28, ás 16.30 horas

Salón de actos da Facultade de Medicina da USC. Foto: Santi Alvite
Salón de actos da Facultade de Medicina da USC. Foto: Santi Alvite

Organizado pola oficina do Valedor da Comunidade Universitaria, a USC acolle a celebración do XXIV Encontro da Conferencia Estatal de Defensorías Universitarias (CEDU) que vai ter lugar dende este mércores 28 ata o día 30 de setembro coa participación dun cento de defensores/as das universidades públicas e privadas, adxuntos/as e demais persoal das defensorías. O acto inaugural, presidido polo reitor Antonio López, botará a andar ás 16.30 horas deste mércores 28, no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía, e contará con Milagros Alario Trigueros, presidenta da Conferencia; co decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Julián Álvarez; e Miguel Alcaraz, valedor da comunidade universitaria .

As sesións xirarán en torno a catro temas: lei de convivencia e Lei do sistema universitario español (LOSU), dereitos nos inicios da carreira universitaria e o problema da saúde mental no ámbito universitario.

Ángel Gabilondo, Defensor do Pobo, pronunciará o venres 30, ás 12.30 horas, a conferencia de clausura.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.09.2022.