O Colexio Oficinal de Químicos de Galicia, a Asociación de Químicos de Galicia e a Sociedade Portuguesa de Química promoven este encontro internacional que se desenvolverá na Facultade de Química da USC do 17 ao 18 de novembro

O Encontro Galego-Portugués de Química é un congreo internacional con periodicidade anual que se celebra de forma rotatoria en Portugal e Galicia baixo a organización da Sociedade Portuguesa de Química (SPQ) en Portugal, o Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia.
Neste ano 2022, chega á súa XXVI edición, que se desenvolverá do 16 ao 18 de novembro na Facultade de Química da USC. Trátase dun encontro interancional de referencia para o estudantado e o persoal investigador que traballan nos diferentes eidos da Química Básica e Aplicada e que poden presentar os seus traballos tanto en forma de comunicación oral como en formato póster.
Investigadoras e investigadores de grande prestixio na contorna internacional tomarán parte no encontro. Entre elas e eles, destácase a presenza do profesor Michael Stanley Whittingham, Premio Nobel de Química 2019, que impartirá a conferencia 'For the development of lithium-ion batteries'. O resto de conferencias plenarias serán pronunciadas por Maria da Conceição Rangel, da Universidade Do Porto; Mª Dolores Pérez, do CIQUS da Universidade de Santiago de Compostela; José Luis Capelo Martínez, da Universidade Nova de Lisboa; e J. Manuel Andrade Garda, da Universidade da Coruña.
O programa completo de conferencias está dispoñible na web do encontro.