Ir o contido principal

Encontro virtual

Yucunet: creación dunha rede educativa e de investigación de arte contemporánea

13.10.2022 | 19.30h-20.30h

Encontro virtual de presentación do proxecto Yucunet no marco dos Erasmus Days

YUCUNET é unha iniciativa encamiñada ao desenvolvemento de programas de mestrado en Arte Contemporánea e Creación Cultural entre Europa e América
YUCUNET é unha iniciativa encamiñada ao desenvolvemento de programas de mestrado en Arte Contemporánea e Creación Cultural entre Europa e América

Ao abeiro dos Erasmus Days nos que a  Axencia Executiva Europea da Educación e a Cultutra (EACEA) promociona os eventos cara á visibilización das actividades ao abeiro deste programa internacional, a rede YUCUNET programa o encontro virtual 'Yucunet creación dunha rede educativa e de investigación de arte contemporánea', que se desenvolverá o xoves 13 de outubro ás 19.30 horas a través de MS TEAMS.

O coordinador da rede, Federico López Silvestre ocuparase da presentación da iniciativa. A seguir, Iván Gudiño Gutiérrez explicará a experiencia da Universidade Autónoma do Yucatán como institución receptora de YUCUNET e haberá lugar tamén para un diálogo entre os socios e as persoas participantes no encontro.

YUCUNET

O Consorcio Erasmus + KA2 YUCUNET é unha iniciativa encamiñada ao desenvolvemento de programas de mestrado en Arte Contemporánea e Creación Cultural entre Europa e América que conta coa financiamento da Dirección Xeral de Educación e Cultura- EACEA da Unión Europea. Nel participan diferentes institucións académicas e culturais de Cuba, México Portugal e España cara á creación dunha rede de educativa de investigación e formación ás dúas beiras do Atlántico.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.10.2022.