Ir o contido principal

Un total de 1.335 estudantes da USC solicitaron as prácticas remuneradas en pemes do Santander

Do total de 3.802 estudantes galegos que solicitaron unha bolsa Santander-CRUE-CEPYME de prácticas remuneradas en pemes, 1.335 pertencen á USC, que na convocatoria deste ano xestiona 141 prazas. A cuarta edición deste programa ofrece 5.000 bolsas en toda España cunha participación de 9.570 empresas demandantes, 624 delas de Galicia (296 da Coruña, 51 de Lugo, 75 de Ourense e 202 de Pontevedra). O programa, impulsado dende 2011 por Banco Santander a través de Santander Universidades, contempla prácticas remuneradas con 1.800 euros durante un período mínimo de tres meses para complementar a súa formación e favorecer a inserción no mercado laboral.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.02.2015.