Ir o contido principal

Máis de 2.000 estudantes de secundaria de toda Galicia coñecerán a USC

Máis de 2.000 alumnas e alumnos de 38 centros de ensino secundario de toda Galicia visitarán a vindeira semana o campus de Compostela dentro dos Encontros na zona USC 2013. Esta é unha iniciativa coa que o programa ‘A Ponte’ achegará ao estudantado de ensino medio os estudos nos que pode estar máis interesado, mostrándolle as materias coas que se van atopar así como as saídas profesionais ou posibilidades de atopar emprego, en cada ámbito. As visitas concentraranse entre o martes 19 e o xoves 21. As rapazas e rapaces que acudan a Compostelán coñecerán as instalacións onde se imparte a titulación na que estean interesadas/os e mesmo asistir a unha clase co alumnado de 1º curso ou, nalgún caso, visitar laboratorios de clases prácticas. Ademais dos responsables dos centros, nas visitas participan os titores do alumnado de 1º curso que serán os encargados de dirixilos polos campus e comentarlles a súas vivencias na USC.

Pola tarde, existe a posibilidade de visitar o Patrimonio Histórico, o Centro Superior de Hostalaría de Galicia, as Residencias Universitarias e a Cidade da Cultura. Esta actividade complementarase cunha feira de titulacións que terá lugar no mes de abril no Campus de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.02.2013.