Ir o contido principal

351 estudantes recibirán en Galicia unha bolsa Santander de prácticas remuneradas en pemes

No acto estudantes e empresas contaron as súas experiencias como beneficiarias (Foto: SERVIMAV)
No acto estudantes e empresas contaron as súas experiencias como beneficiarias (Foto: SERVIMAV)
A inscrición para alumnado e empresas finaliza este sábado 31 ás doce da noite

351 estudantes das tres universidades galegas beneficiaranse da nova edición das Bolsas Santander-CRUE-CEPYME de prácticas profesionais remuneradas en pequenas e medianas empresas no curso 2014-2015. O programa posibilitou que nos últimos tres cursos participaran 359 estudantes da USC, dos que o 5,5% foi finalmente contratado pola empresa. Para esta universidade este ano ofértanse 141 prazas. As bolsas, de 1.800 euros cada unha, teñen unha duración de tres meses a xornada completa (ou 6 a media xornada) e o prazo de inscrición remata este sábado 31 ás doce da noite. Para participar, o alumnado e as empresas deben rexistrarse na web www.becas-santander.com. As inscricións que teñan algún defecto de forma ou falla de datos poderán ser subsanadas nos días posteriores ao peche do prazo previsto. As universidades encárganse de asignar as prácticas de acordo con criterios de transparencia e mérito, coñecemento de idiomas e valoración da candidatura por parte da empresa en entrevista persoal. Máis de 200.000 solicitudes Outros 5.000 universitarios de toda España poderán realizar as súas prácticas grazas a este programa, que dende o curso 2011-2012 suma 17.500 estudantes. Coa cuarta edición, Banco Santander tería achegado 31,5 millóns, que xestionan directamente as universidades. Nas tres convocatorias anteriores, máis de 204.000 estudantes solicitaron a bolsa e participaron máis de 24.000 pemes. Dos beneficiarios da terceira edición, un 44% quedou na empresa, ben ampliando a bolsa ou ben pasando ao cadro de persoal. En Galicia destinaranse este ano 631.800 euros. En total, esta iniciativa permitirá que a finais de 2015 sexan 1.211 os universitarios galegos que teñan realizado prácticas profesionais, cun apoio de 2.179.800 euros por parte de Banco Santander. Na pasada edición, más de 4.000 optaron a unha das 351 bolsas asignadas ás súas universidades, con 620 pemes inscritas. O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño; o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño; e o director territorial de Banco Santander en Galicia, Pablo Berdiel, presentaron este venres a cuarta edición do programa no Colexio de Fonseca nun acto As persoas asistentes ao acto coñeceron ademais de primeira man diversas experiencias na realización destas prácticas tanto por parte do estudantado como das empresas. Así, de maneira breve interviron a bolseira Jessica Tato Arias; a directora xeral de Baeza e Barrantes, Mª Concepción Baeza y Barrantes; o director xeral de Biostatech, Vicente Lustres Pérez; e a responsable de Márketing de Mediasiete Publicaciones, S.A., Diana Gonçalves. Presentaron o programa, de esquerda a dereita, Pablo Berdiel, Juan Viaño e José Manuel Fernández (Foto: SERVIMAV)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.01.2015.