351 universitarios galegos poden optar a una Bolsa Santander de Prácticas en pemes
Xa está en marcha a quinta convocatoria do programa Bolsas Santander de Prácticas en pemes, da que se poderán beneficiar 351 estudantes das tres universidades galegas. O prazo de inscrición, tanto para o alumnado como para as empresas, remata o 31 de xaneiro.
Esta iniciativa proporciona prácticas de tres meses remuneradas cun total de 1.800 euros que financia integramente Banco Santander a través de Santander Universidades. O pasado ano, máis do 44% das persoas beneficiarias tivo a oportunidade de continuar na empresa tras a bolsa.
Para participar, o alumnado debe dirixirse aos centros de orientación e información ao emprego das súas universidades, que se ocupan de asignar as prácticas de acordo a criterios de mérito, idiomas e valoración da candidatura por parte da empresa en entrevista persoal.
O programa conta coa estreita colaboración das universidades a través da CRUE e das pequenas e medianas empresas a través de CEPYME e das súas organizacións membro.