Ir o contido principal

Máis de 400 estudantes de ensino medio de 8 centros educativos coñecen o Campus Terra cos Encontros na USC

Visita de alumnado de ensino secundario á sede universitaria luguesa
Visita de alumnado de ensino secundario á sede universitaria luguesa
O programa, a través do que se pretende dar a coñecer as instalacións, servizos a e oferta de títulos da sede universitaria luguesa ao alumnado preuniversitario, continúa este venres con visitas de estudantes do IES Sanxillao e do CPI Cervantes
Lugo

O programa Encontros na USC citou este xoves na sede universitaria luguesa máis de 400 estudantes de ensino medio procedentes de oito centros educativos das provincias de Lugo e A Coruña, na sede universitaria luguesa. A xornada promovida a través do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, coordinado por Celso Rodríguez, comezou coa recepción do estudantado preuniversitario chegado do IES Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes), Colexio San José, IES Ánxel Fole, Colexio Fingoi, IES Lucus Augusti, IES Leiras Pulpeiro, IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz) e IES Monte Castelo (Burela) diante da Biblioteca Intercentros.

A coordinadora do programa A Ponte entre a USC e o Ensino Medio no Campus de Lugo, Guadalupe Vila foi a encargada de dar a benvida ao alumnado preuniversitario diante da Bibilioteca Intercentros,  o punto de encontro desde o que o alumnado, distribuido en grupos en función dos seus intereses e preferencias académicas, tivo a ocasión de coñecer as instalacións, servizos, así como as facultades e escolas da sede universitaria luguesa.

Acompañados de estudantes universitarios do programa Titores da USC, así como do profesorado dos seus respectivos centros de procedencia, o alumnado de ensino medio completou visitas ás aulas e laboratorios das facultades de Formación do Profesorado, Administración e Dirección de Empresas, Veterinaria, Ciencias e Humanidades, así como á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e aos centros adscritos de Enfermaría e Relacións Laborais. 

Os Encontros na USC terá continuidade na sede universitaria luguesa este venres, cando está previsto que un grupo de estudantes do IES Sanxillao de Lugo e outro do CPI Cervantes visiten as instalacións das distintas facultades e escolas da sede universitaria luguesa, segundo adiantou Guadalupe Vila.

Visita de alumnado de ensino secundario á sede universitaria luguesa
Visita de alumnado de ensino secundario á sede universitaria luguesa
Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.03.2023.