Ir o contido principal

O 5 de outubro chega a Santiago a I Carreira de Obstáculos pola Saúde

Diversión, saúde e deporte, todo nunha única actividade que organiza a asociación de estudantes de medicina ME.I.GA o sábado 5 de outubro. A I Carreira de Obstáculos pola Saúde percorrerá esa xornada 3.520 metros a través de parques e zonas verdes da cidade, ademais dun minicircuíto para os máis pequenos e talleres onde se poderá medir a tensión arterial, o índice de masa corporal ou a glucemia. Os obstáculos que os corredores se irán atopando están relacionados coas principais enfermidades crónicas da poboación actual como os efectos do tabaco, do alcol, do colesterol ou da obesidade. Para participar na carreira, que sairá da Alameda ás 9.00 horas, hai que ter máis de 14 anos e comprar a entrada (2 euros) en diferentes puntos de venta como 39 Segundos (Rúa Amor Ruibal) ou Deportes Cibeira (Rúa Domingo de la Calzada Nº1). Para rematar a inscrición deberase eviar un mail a meigausc.lpo [at] gmail.com (meigausc[dot]lpo[at]gmail[dot]com) con nome e apelidos. Tamén se poden facer todos os trámites dende a web http://meigalpo.wix.com/carrerasaludmeiga. Os menores de idade deben preencher unha folla de autorización paterna.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2014.