Ir o contido principal

59 tenistas no torneo da Universidade de Santiago

59 tenistas no torneo da Universidade de Santiago
59 tenistas no torneo da Universidade de Santiago

As pistas do Campus de Santiago acolleron esta fin de semana un torneo encadrado no Circuíto Comarcal do Tenis Base da Federación Galega que pretende fomentar a práctica deste deporte así como a iniciación á competición. O certame, organizado polo Servizo de Deportes coa colaboración da Fundación USC Deportiva, contou coa participación de 59 tenistas e máis dun cento de partidos, resultabdo gañadores en minitenis Francisco Vázquez García; en ¾ de pista Pedro Frade; na categoría de menores de 14 anos resultou vencedor Austín Gueorgiev Lapido e na de menores de 16 Andrés Señarís Mouro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.06.2013.