Ir o contido principal

O 6 de febreiro elíxense sete novos membros do Consello de Goberno

O vindeiro 6 de febreiro será a xornada de votación para elixir os e as representantes no Consello de Goberno dos directores/as de Departamento, institutos de investigación, escola de doutoramento e doutras estruturas de investigación. Elixiranse cinco representantes de directores/as de departamento, un por cada grande rama de coñecemento; e dous de institutos de investigación, escola de doutoramento e outras estruturas. Ata as 14:00 horas do 16 de xaneiro poderán presentarse reclamacións contra o censo no Rexistro Xeral (Santiago e Lugo) ou a través do rexistro electrónico. Toda a información relativa ao proceso pode consultarse na web do Consello de Goberno.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.01.2015.