Máis de 60 investigadores/as da USC, entre o 2% dos máis citados e influentes do mundo

Un total de 65 investigadores e investigadoras da USC sitúanse entre o 2% dos científicos máis citados e influentes do mundo en 22 campos científicos e 176 subcampos. Así o establece a base de datos elaborada por John P. A. Ioannidis da Universidade de Stanford. O catedrático de Análise Matemática Juan Nieto é o nome da USC que encabeza a listaxe relativa á institución compostelá, seguido da catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, María José Alonso. Na anterior versión deste ránking, a USC lograra situar a un total de 54 investigadores e investigadoras na clasificación.
O resto de persoas que integran a clasificación son Andrés Baselga, Arturo López Quintela, Néstor Armesto, José Castillo, Juan Reboredo, Jesús Salgado, Miguel López, Alberto Cabada, Luis Botana, Jesús Romalde, Carlos Diéguez, Carlos Salgado, María Loureiro, E.G. Ferreiro, Ricardo Riguera, Francisco Orallo, Ángel Carracedo, C. Phillips, Pilar Bermejo Barrera, Carmen Álvarez Lorenzo, Juan lema, Rafael Cela, Christoph Adam, T. Dent, Manuel Vázquez, Rosana Rodríguez López, E. Zas, Alejo Carballeira, José Rivas, Gumersindo Feijoo, I. Rodríguez, María Teresa Moreira, Alicia Estévez Toranzo, M. Carballa, Massimo Lazzari, M. C Yebra-Biurrun, C. Pajares, Bahi Takkouche, Jorge Barros Velázquez, Abel García García, María Llompart, Alfonso Castiñeiras, Felipe Macías, Ángel Concheiro, José Benito Quintana, Gonzalo Vázquez, Rosario Rodil, Pedro Diz Dios, Ana Soto, Sara González García, Héctor Rodríguez, R. Méndez, Xosé L. Otero, Antón Martínez Cortizas, Marta López Alonso, Álvaro Goyanes, Juan Gestal, M.V. Lareu, Avelino Núñez Delgado, Lourdes Santana, Francisco José Ares Pena, María J. Matos e Salvador Bará.
Esta é a cuarta versión que se publica desta base de datos integrada por preto de 200.000 científicos e científicas e que proporciona información estandarizada sobre citas, índice h, ‘índice hm’ axustado por coautoría, citas a artigos en diferentes posicións de autoría, así como un indicador composto. O conxunto de datos desta versión do ránking en permanente actualización, baséase na instantánea do 1 de setembro de 2022 extraída da base de datos Scopus.
Esta clasificación incorpora unha táboa específica con datos relativos a 2021 na que aparecen 62 investigadores e investigadoras da USC, algúns dos cales non aparecen na clasificación xeral que recolle datos de varias décadas. Trátase de Ricardo Villa Bellosta, Manuel Collado, Rubén Nogueiras, Carlos A. García González, Diego Peña, José L. Mascareñas, José Labandeira García, Patricia Cazón, Manuel Fernández Delgado, José M. Alonso Moral, Adolfo Figueiras, Ignacio García González, Sebastián Villasante, Cristina Castillo, Carmen Remuñán López, Juan Blanco, Stefania Barca, Mariana Landín e Francisco Caamaño Isorna.