Uns 60 técnicos de 20 empresas participan nunha xornada formativa de filtración tanxencial e microparticulación na APLTA
Unhas xornadas técnicas sobre filtración tanxencial e microparticulación citan este mércores, nas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC, a representantes dunhas vinte empresas do sector leiteiro.
Esta xornada de traballo, na que intervirán como relatores técnicos de proxectos de I+D+i da APLTA e executivos de contas da compañía Sealed Air, permitirá aos asistentes afondar sobre as aplicacións da filtración tanxencial e microparticulación na industria alimentaria e tamén sobre os seus requirimentos hixiénicos. O responsable de I+D e Innovación da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias do Campus Terra da USC, Alfonso Pérez Quintáns, foi o encargado de abrir esta xornada técnica, na que participaron preto de 60 técnicos e responsables das empresas Innolact, El Gaitero, Queserías Prado, Casa Macán, ILAS, Pascual, Lactogal, Leitigal, Entrepinares, Leche Celta, Mondelez, Celega, Lactiber, Quesos el Pastor, Chemipol, Laboratorio lácteo Gallego, Lácteos del Vallés, Industrias Lácteas Monteverde y Perinox. O responsable de I+d e Innovación da APLTA, Alfonso Pérez, no centro, deu a benvida aos participantes