Ir o contido principal

Máis de 75 pósteres sobre psicoxeriatría móstranse no XXXV Congreso da Asociación Europea de Psiquiatría Xeriátrica

Ao redor de 75 pósteres que explican os resultados de varios traballos de investigación internacionais sobre psicoxeriatría se mostran na Facultade de Medicina no marco do XXXV Congreso da Asociación Europea de Psiquiatría Xeriátrica (EAGP), a XV Xuntanza da Sociedade Española de Psicoxeriatría (SEPG) e o VIII Congreso da Asociación Portuguesa de Xerontopsiquiatría. Un xurado elixirá os mellores este venres 22 nas categorías española, portuguesa e europea para, o sábado, entregar os premios ás 12:30 na propia Facultade.
Conferencias do encontroA disfunción executiva na depresión do ancián e a súa saúde mental na Atención Primaria foron as dúas cuestións coas que abriu este xoves o congreso, no que ademais varios expertos explicaron o uso e abuso de substancias na idade avanzada e os síntomas non cognitivos na demencia e nos servizos xeriátricos de saúde mental en Portugal.
Na sesión da tarde, varios especialistas ofrecen un conxunto de charlas acerca dos anciáns e a sociedade xunto cunha serie de relatorios sobre a familia e o coidado dos maiores. Pola tarde, o encontro continúa analizando as perturbacións oficiais e, ás 19:00 horas, terá lugar unha asemblea da Sociedade Española de Psicoxeriatría e, logo, unha homenaxe aos seus ex presidentes.
No transcurso da xornada do venres 22, o encontro comezará ás 9:00 horas profundando no envellecemento e saúde mental e no uso do TEC en psiquiatría xeriátrica. Despois, ás 11:00 horas, abordaranse as necesidades dos pacientes con demencia e dos seus coidadores e xa ás 13:30 horas trataranse as perspectivas Ibero-Latino-Americana da psicoxeriatría, as novas tecnoloxías para a mellora da atención psicoxeriátrica e os avances en educación e subespecialización en psiquiatría do ancián.
Pola tarde, especialistas europeos explicarán os avances en educación e subespecialización en psiquiatría do ancián e analizarán a asistencia domiciliaria ás persoas con demencia e os servizos de psicoxeriatría en Europa. Na mesma sesión vespertina ofrecerase un simposio sobre a investigación en imaxe en psiquiatría xeriátrica. A partir das 19:00 horas, a EAGP ten previsto celebrar a súa asemblea e, ás 20:00 horas, o Teatro Principal acollerá unha representación explicativa sobre a enfermidade do Alzheimer.
Durante a mañá do sábado 23, e a partir das 9:00 horas, comentaranse estudos sobre saúde, idade e xubilación e discutirase sobre a calidade de vida dos coidadores e, por último, examinarase o progreso da demencia dende o deterioro cognitivo leve ata a demencia nos estadios finais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.06.2007.