Ir o contido principal

Aberta ata o 21 de xullo a nova convocatoria de axudas para que persoas refuxiadas cursen estudos na USC no curso 2017/2018

Ofértanse un total de 4 bolsas. Foto: Pixabay
Ofértanse un total de 4 bolsas. Foto: Pixabay

Dirixida a persoas de fóra da Unión Europea que posúan o estatuto de persoa refuxiada en España, a USC mantén aberta a convocatoria do Programa de Axudas para este colectivo correspondente ao próximo curso 17/18. Este é un programa aberto igualmente a persoas que teñen solicitado o citado estatuto, posúan acreditación da condición de refuxiado/a por parte da Axencia da ONU para os Refuxiados (ACNUR) ou a da Axencia da ONU para os Refuxiados de Palestina (UNRWA) ou procedan dalgúns dos seguintes países cos que a USC ten vínculos establecidos a través dos proxectos de cooperación Erasmus Mundus: Líbano, Palestina, Siria, Xordania, Irán, Iraq ou Iemen.

Existes dúas modalidades ao abeiro das que a USC convocará un total de 4 bolsas. Dúas de nova adxudicación para iniciar ou continuar estudos de grao, máster ou doutoramento na USC durante o próximo curso e unha segunda modalidade para a renovación das 2 bolsas outorgadas ao abeiro do mesmo programa para a continuación de estudos na USC durante o curso actual.

En ambos casos, o prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de xullo. As persoas interesadas poden atopar máis información na web http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/perfis/internacional/descargas/Programa-de-Axudas-para-Persoas-Refuxiadas.pdf.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.07.2017.