Aberta ata o 22 de marzo a matrícula para o curso en liña de formación básica en voluntariado
O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC desenvolverá entre os meses de marzo e maio a oitava edición do curso en liña de formación básica en voluntariado que ofrecerá coñecementos para un mellor servizo na organización non lucrativa na que colaboren e un maior aproveitamento persoal das súas actividades. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 31 de marzo. O curso, dunha duración de 60 horas, está recoñecido academicamente para todo o alumnado da USC que curse estudos de grao, licenciatura, enxeñaría ou diplomatura e permitirá completar ata 6 créditos optativos (3 por ano) no caso das titulacións adaptadas ao EEES ou 4 de libre configuración adicionais no resto, colaborando nalgunha das actividades de participación e voluntariado durante o curso 2012-2013. O programa impartirase a través do Campus Virtual da USC con contidos relacionados coa participación social no Estatuto do Estudante Universitario; nos voluntariados de idade, saúde e medio ambiente; na atención á diversidade; a inmigración e a interculturalidade; cooperación ao desenvolvemento; TIC e participación social e educación para o desenvolvemento.