Ir o contido principal

Aberta ata o día 30 a matrícula dos cursos do Centro de Linguas Modernas

Aberta ata o día 30 a matrícula dos cursos do Centro de Linguas Modernas
Aberta ata o día 30 a matrícula dos cursos do Centro de Linguas Modernas
A inscrición na proba de nivel remata este domingo 19

O Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela mantén aberta ata o 30 de xaneiro a matrícula do seu programa de cursos, dirixidos tanto á comunidade universitaria da USC coma ao público en xeral. Iso si, o prazo de inscrición adiántase ao domingo 19 para quen precise facer a proba de nivel previa. Neste novo período en Lugo poderase estudar alemán, chinés, español como lingua estranxeira, galego para non galegofalantes, inglés, lingua de signose portugués. Pola súa banda, en Santiago ofrécese árabe, catalán, checo, chinés, danés, español como lingua estranxeira, francés, galego para non galegofalantes, lingua de signos, portugués, ruso e xaponés . Ademais, como novidade este semestre en Santiago ofértase un curso de francés A1, e en Lugo un de alemán B1 e outro de iniciación ao chinés. Créditos Segundo a normativa vixente, o estudantado de grao que estude algún destes cursos poderán obter 1 crédito ECTS por cada 25 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.01.2014.