Ir o contido principal

Aberta a convocatoria de bolsas Santander para que universitarios realicen prácticas remuneradas en pemes

Banco Santander mantén aberta a través da súa División Global Santander Universidades a cuarta convocatoria do programa Bolsas Santander-CRUE-CEPYME, que ofrece 141 axudas a alumnado da Universidade de Santiago de Compostela para realizar prácticas profesionais en pequenas e medianas empresas no presente curso. O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2015. A iniciativa trata de complementar a formación universitaria do estudantado e graduados e graduadas achegándoos ás realidades do ámbito profesional onde exercerán á súa actividade e establecendo así mesmo os contactos con empresas e institucións para facilitarlles á posterior inserción laboral. Tres meses de prácticas As bolsas, cunha duración de tres meses a xornada completa (excepcionalmente 6 a media xornada) remuneradas con 600 euros brutos mensuais, están impulsadas por Banco Santander, a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) e a Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (CEPYME), representada en Galicia pola CEG.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2014.