Ir o contido principal

Aberta a convocatoria do II Premio á Promoción da USC nos destinos internacionais

Publicada a convocatoria do II Premio á Promoción da USC nos destinos internacionais
Publicada a convocatoria do II Premio á Promoción da USC nos destinos internacionais

A USC convoca II Premio á Promoción da USC nos destinos internacionais, dirixido a aqueles membros da comunidades universitaria que, tras facer estudos con mobilidade internacional, acrediten actividades de promoción institucional da USC nas universidades de destino. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 14 de setembro de 2018.

Este premio outorga tres galardóns para cada unha das cinco áreas de coñecemento. As actividades de promoción admitidas serán as realizadas entre o 1 de setembro de 2017 e o 31 de agosto de 2018. O xurado valorará o seu potencial impacto, a calidade da redacción, a presentación da información e a estruturación da mesma.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2018.