Ir o contido principal

Aberta a convocatoria dos premio Uni>Proyecta para proxectos emprendedores universitarios

Os premios Uni>Proyecta, Proxectos Emprendedores Universitarios, alcanzan a súa sexta convocatoria mantendo o seu obxectivo de fomentar o espírito emprendedor na comunidade universitaria para así contribuír ao desenvolvemento económico e social e a consolidación do tecido empresarial relacionado coa explotación do coñecemento e a innovación tecnolóxica. Nesta convocatoria poden participar proxectos empresariais nos que participen, de xeito individual ou en grupo, estudantes e titulados/as universitarios pertencentes a calquera universidade española. Na selección do proxecto gañador, o xurado terá en conta o carácter innovador do proxecto, a tecnoloxía usada e a súa viabilidade empresarial. O concurso contempla dúas modalidades, co Premio Portal Universia ao mellor proxecto empresarial e dotado con 10.000 euros e o Premio Fundación Universia ao proxecto orientado á atención de persoas con discapacidade, dotado con 5.000 euros. A convocatoria está organizada pola sectorial de asuntos estudantís da CRUE, RUNAE, e o portal Universia. O prazo para participar remata o 6 de marzo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.01.2014.