Aberta unha exposición sobre Escher no Pazo de Feiras de Congresos de Lugo
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (Agapema) manterá aberta ata o vindeiro día 17 a exposición ‘Escher e Matemáticas. Diálogo entre ciencia e arte’.
A mostra, que está aberta a todo o público no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, consta de cadros, explicacións e comentarios deste autor, así como numerosas probas, obradoiros manipulativos e proxeccións sobre a súa obra.
Os interesados en obter máis información sobre a mostra, así como os horarios dos visionados dos vídeos poden facelo na dirección electrónica http://www.agapema.com/