Ir o contido principal

Aberta a II convocatoria de proxectos de investigación asociados ás cátedras institucionais

O prazo de presentación de solicitudes é de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da  publicación da  convocatoria. FOTO: Santi Alvite
O prazo de presentación de solicitudes é de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria. FOTO: Santi Alvite
Financiaranse un proxecto para a Cátedra de Cronicidade e tres proxectos para a Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, cun financiamento máximo de 2.000 euros por proxecto
Santiago de Compostela

A USC quere consolidar e impulsar a actividade investigadora no eido das Cátedras Institucionais que ten creadas, para o que a Vicerreitoría de Investigación e Innovación acaba de publicar a II convocatoria de proxectos asociados ás devanditas cátedras institucionais da Universidade. Neste senso, financiaranse  un  proxecto  para  a  Cátedra  de  Cronicidade  e  tres  proxectos para a Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións.

O período de execución dos proxectos será o comprendido entre o 1 de setembro de 2020 e o 30 de novembro de 2020. O financiamento da presente convocatoria consta dun importe máximo de 8.000 euros. Con  cargo  a  este  importe,  financiaranse  un  proxecto  para  a  Cátedra  de  Cronicidade  e  tres  proxectos para a Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, cun financiamento máximo de 2.000 euros por proxecto.

Poderán solicitar estas axudas os doutorandos/as, investigadores/as e profesores/as universitarios/as, nacionais ou estranxeiros/as, que desenvolvan a súa actividade investigadora en prol dos ámbitos destas Cátedras Institucionais. A  presentación  das  solicitudes  realizarase  unicamente  por  medios  electrónicos  a  través  do  formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da USC e dirixiranse á Oficina de Investigación e Tecnoloxía (OIT). O prazo de presentación de solicitudes é de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da  publicación da  convocatoria.

Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións

Co obxectivo de fomentar o coñecemento histórico e actual do Camiño de Santiago e das Peregrinacións,  así  como  a  promoción  e  difusión  dos  valores  a  eles  asociados  nas  súas  diferentes  facianas,  cumprindo  deste  xeito  cos  fins  para  a  que  foi  creada  a  Cátedra  do  Camiño  de  Santiago  e  das  Peregrinacións  da  USC,  a  devandita  Cátedra  propón  tres proxectos  de investigación sobre a temática do Camiño de Santiago e as Peregrinacións. Os  proxectos   seleccionados   deberán  presentar  os  seus  resultados  da investigación  na  xornada  ‘Investigando  coa  Cátedra  do  Camiño’  da  USC  no  auditorio  da  Cátedra  e  organizada pola mesma en data a determinar polo director.

Cátedra de Cronicidade

Co obxectivo de fomentar o coñecemento dos aspectos relativos á cronicidade das enfermidades, a devandita Cátedra propón un proxecto de investigación neste eido. O proxecto consistirá en coñecer o abordaxe da cronicidade na formación regrada dos médicos nas facultades de Medicina nas universidades nacionais e internacionais. “Este proxecto é precisamente para que se identifiquen e analicen exemplos nacionais e internacionais”, establece a convocatoria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.07.2020.