Aberta a inscrición na cata de viños brancos elaborados en ensaios de investigación realizados na Escola Politécnica Superior

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo acubillará o vindeiro 16 de marzo, de 17.00 a 20.00 horas, unha nova sesión de cata de caldos galegos resultantes de ensaios de investigación desenvolvidos na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo e durante a que as persoas participantes poderán degustar viños obtidos a partir de uva branca.
Esta actividade, que se desenvolve por quinto ano consecutivo na EPS, está promovida polo profesor e investigador da USC Javier José Cancela no marco do proxecto de investigación ‘Xestión de grandes superficies vitícolas para a optimización da calidade enolóxica - CIEN 2014’, que conta financiamento do CDTIU e no que se contempla a realización de catas de consumidor de todos os viños elaborados, a partir de la uva obtida nos diferentes ensaios sobre variedades brancas. A xornada de cata terá lugar o 16 de marzo, a partir das 17.00 horas, na cafetería da EPS. A participación e libre e de balde para todas as persoas interesadas, que deberán formalizar a súa inscrición para participar nesta sesión a través do número de teléfono móbil 600940223 ou no enderezo de correo electrónico javierjose.cancela [at] usc.es (javierjose[dot]cancela[at]usc[dot]es).