Ir o contido principal

Aberta a inscrición para o curso de fotografía dixital que comeza en marzo

A Universidade de Santiago mantén aberto o prazo de inscrición no curso de fotografía dixital (nivel intermedio) que impartirá Fuco Reyes os luns e mércores de marzo e abril. Nas 18 horas que dura o curso profundarase en diversas técnicas fotográficas e elementos de composición (técnicas de exposición, velocidade de obturación, usos creativos, ISO, enfoque, cor, luz, lentes...).

Este curso diríxese a persoas que xa realizaron o de iniciación ou que posúen coñecementos sobre a técnica básica na fotografía e que queren seguir evolucionando tanto na súa técnica como no desenvolvemento da súa visión fotográfica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2013.