Ir o contido principal

Aberta a inscrición para a segunda edición do curso de iniciación de tiro con arco do Campus de Lugo

A Vicerreitoría de Cultura da USC, a través da área de Deportes, celebrará no mes de maio no Campus de Lugo unha segunda edición do curso de iniciación ao tiro con arco, destinado a todos os membros da comunidade universitaria.
O curso desenvolverase os días 12, 14, 19, 21, 26 e 28 (luns e mércores) do próximo mes, entre as 15:30 e as 17:30 horas, nos sotos da Facultade de Veterinaria, baixo do Pavillón Central.
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 9 de maio e a matrícula ten un prezo de 25 euros. Os interesados en inscribirse poderán facelo na Oficina de Deportes do Campus de Lugo, situada no Edificio da Biblioteca Intercentros, ou chamando ao teléfono 982 28 59 00 nas extensións 23584 ou 42336.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2008.