Ir o contido principal

Aberta a inscrición para a Escola de Tenis

A Escola de Tenis da USC mantén aberto ao longo de toda esta semana, ata o próximo venres 17, o período preferente de anotación para as persoas vinculadas á Universidade de Santiago. Á seguinte semana será a quenda para quen teña a avaliación do curso anterior feita e entregada ao monitor. Finalmente do día 27 en adiante ábrese a inscrición das prazas restantes a todas ao público en xeral.

Para inscribirse en calquera actividade deportiva é preciso estar dado de alta como Usuario de Deportes da USC para o presente curso. Para acadar máis información ao respecto, ás persoas interesadas poden dirixirse á paxina web da Área de Deportes http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/normativas/. Tamén poden consultar a información relativa á Escola de Tenis http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/santiago/actividades/escolas/tenis.html.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.09.2010.