Ir o contido principal

Aberta a inscrición das escolas deportivas de xullo

O Servizo de Deportes da USC mantén aberto o prazo de matrícula para as distintas escolas que se van celebrar ao longo do vindeiro mes de xullo. Este é un trámite que se pode realizar na propia web, onde tamén se está dispoñible toda a información relativa ás distintas escolas ofertadas.

Concretamente, en xullo están programadas cursos de aquagym para adultos, ioga, Kung fu, meditacións, natación para nenos e terapéutica, pilates, tai chi, tenis ou ximnasia terapéutica, entre outras propostas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2017.