Aberta a inscrición en liña nas probas de nivel dos cursos do Centro de Linguas Modernas

O Centro de Linguas Modernas mantén aberto estes días os prazos para inscribirse nas probas de nivel dos cursos de ELE e de linguas estranxeiras, así como a matrícula nos cursos de iniciación. As probas para coñecer o nivel en linguas estranxeiras serán o 10 e 17 de setembro, día ata o que se poden inscribir as persoas interesadas. No caso dos cursos de ELE as probas adiántanse aos días 9 e 11. Numerosas linguas A oferta de linguas do CLM da USC inclúe ao longo do curso académico 2013-2014 máis de catro mil prazas para o alemán, árabe, checo, chinés, danés, francés, inglés, italiano, portugués, ruso, xaponés e lingua de signos. A programación compleméntase con galego para non galegofalantes, castelán e catalán organizados na USC para os alumnos internacionais. Pódese solicitar máis información a través do correo clm [at] usc.es (clm[at]usc[dot]es), do teléfono 881814443 ou persoalmente na sede do CLM, na Casa dos Catedráticos, de luns a venres de 11.30 a 14.00 horas.