Aberta a inscrición nun obradoiro de plantas medicinais que se desenvolverá na Estación Científica do Courel do 22 ao 24 de abril

A Estación Científica do Courel mantén aberto o prazo de inscrición nun obradoiro de plantas medicinais que se desenvolverá nas instalacións courelás da USC do 22 ao 24 de abril baixo o título ‘Uso tradicional das plantas medicinais en Galicia: O exemplo do Courel’.
As persoas interesadas en participar nesta actividade formativa, que será impartida pola licenciada en Farmacia pola USC María Moure Oteyza, poden formalizar a súa inscrición no curso de xeito gratuíto ata o día 19 de abril. A matrícula neste obradoiro pode formalizarse en quenda de mañá nas instalacións da Estación Científica do Courel, situadas en Seoane do Courel, a través dos números de teléfono 648 051 928, 600 942 418 ou 982 821 901, ou nos enderezos de correo electrónico ro_rodriguezlopez [at] hotmail.com (ro_rodriguezlopez[at]hotmail[dot]com) ou antonio.rigueiro [at] usc.es (antonio[dot]rigueiro[at]usc[dot]es)
As distintas sesións teóricas programadas no marco deste obradoiro sobre uso de plantas medicinais desenvolveranse o venres 22 en quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, o sábado, de 10.00 a 12.00 horas, e o do domingo 23 de abril, de 12.30 a 14.30 horas. O curso tamén contempla a celebración de dúas saídas ao campo, que se celebrarán os días 22 e 23 en quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas.