Ir o contido principal

Aberta a inscrición para a VII Xornada Mulleres na Ciencia

Cartel do evento
Cartel do evento
Remedios Zafra, escritora e investigadora do Instituto de Filosofía do CSIC, intervirá nesta sesión que se desenvolverá en liña o vindeiro 31 de marzo
Santiago de Compostela

A Oficina de Igualdade de Xénero da USC organiza a VII Xornada Mulleres na Ciencia de xeito conxunto con AMIT-GAL, a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas. A sesión desenvolverase en liña o vindeiro 31 de marzo en quenda de tarde e a inscrición pode formalizarse neste formulario ata o día 30. Remedios Zafra, escritora e investigadora do Instituto de Filosofía do CSIC, abrirá as xornadas co relatorio ‘Feminismo, coñecemento e valor na cultura-rede’ ás 16.00 horas. Zafra será presentada por Ana Jesús López, presidenta de AMIT-GAL.

Joana Magalhães e Vanessa Valdiglesias presentarán, a continuación, os resultados do informe ‘A Presenza Feminina na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC)’, do que tamén son autoras. Eva Aguayo, responsable da OIX da USC será a encargada de presentalas. A xornada pecharase coa celebración da Asemblea AMIT-GAL.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.03.2022.