Aberta a inscrición nunha xornada de cata de viños brancos Godello e Treixadura na Escola Politécnica Superior

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo acubillará o vindeiro 11 de marzo, de 17.00 a 20.00 horas, unha nova xornada de cata de caldos galegos durante a que as persoas participantes poderán degustar caldos de variedades de uva Godello e Treixadura.
Esta actividade está promovida polo profesor e investigador da USC Javier José Cancela no marco do proxecto de investigación ‘Influencia de diferentes prácticas culturais no estado hídrico de viñedos do Noroeste de España: valoración agronómica e económica’, que conta con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA) A xornada de cata, cuxo aforo está limitado a un máximo de 54 persoas, desenvolverase na cafetería do centro universitario lugués de 17.00 a 20.00 horas, en tres quendas dunha hora de duración. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición de balde ata o 10 de marzo a través do enderezo de correo electrónico javierjose.cancela [at] usc.es (javierjose[dot]cancela[at]usc[dot]es).