Aberta a matrícula anticipada en mestrado e doutoramento para alumnado con estudos de países alleos ao EEES

A convocatoria de matrícula anticipada en estudos de máster universitario oficial, así como en estudos de doutoramento oficial para alumnado de países alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), abre este luns 15 de marzo o seu prazo para solicitar admisión. O período de matrícula permanecerá aberto ata o vindeiro 16 de abril.
Mestrado
A admisión ao abeiro da convocatoria de máster oficial farase por orde de solicitude ata cubrir as prazas dispoñibles e deberá realizarse por medios electrónicos neste enderezo web. Os solicitantes que non poidan matricularse a través desta convocatoria por estar cubertas as prazas, poderán solicitar praza na convocatoria xeral de admisión nos estudos de Máster para o curso 2021/22 cos mesmos criterios de selección que o resto de estudantes. Os mestrados nos que se pode solicitar admisión e o número de prazas ofertadas poden consultarse no anexo da convocatoria.
Doutoramento
No caso do doutoramento, a admisión tramitarase por orde de solicitude ata cubrir as prazas ofertadas entre as persoas que reúnan os requisitos esixidos no programa e deberá realizarse por medios electrónicos a través da Secretaría Virtual neste enderezo web. Os solicitantes que non puidesen matricularse a través desta convocatoria por estar cubertas as prazas, poderán solicitar de novo unha praza na convocatoria xeral de admisión nos estudos dedoutoramento para o curso 2021/22 cos criterios de selección recollidos nesa convocatoria, cuxo anexo recolle a listaxe de programas de doutoramento ofertados.