Ir o contido principal

Aberta a matrícula para o 'II Curso de Veterinaria en fauna silvestre, recuperación de especies mariñas e terrestres'

A USC abriu o prazo de matrícula para o segundo ‘Curso de veterinaria en fauna silvestre, recuperación de especies mariñas e terrestres’ que se desenvolverá na Facultade de Veterinaria de Lugo os días 19, 20 e 21 de marzo.
Este curso, organizado polo Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias e a Sociedade Galega de Especialistas en Veterinaria de Fauna Salvaxe (VEFAS), diríxese a estudantes e licenciados en Veterinaria, Bioloxía, Enxeñaría Forestal ou Agrónoma, e calquera outra persoa interesada en temas de recuperación de fauna silvestre.
Entre outros temas, os expertos que participan nestas xornadas abordarán a situación do lobo, o corzo ou cabra montés en España, os métodos de exploración en mamíferos mariños, as intoxicacións e envelenamentos da fauna salvaxe ou a tecnoloxía da reprodución aplicada á conservación das especies silvestres.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.02.2010.