Ir o contido principal

Aberta a preinscrición nos cursos intensivos de verán do Centro de Linguas Modernas

Aberta a preinscrición nos cursos intensivos de verán do Centro de Linguas Modernas
Aberta a preinscrición nos cursos intensivos de verán do Centro de Linguas Modernas

O Centro de Linguas Modernas da USC mantén aberta ata o 28 de abril a inscrición nos seus cursos intensivos de verán que terán lugar do 11 ao 22 de xullo. Haberá ademais un curso intensivo de inglés, nivel B1, do 2 a 30 de xuño . A matrícula comezará o 2 de maio.

Para iniciarse na aprendizaxe dun idioma ofértanse cursos intensivos de alemán, árabe, catalán, checo, chinés, eslovaco, euskera, grego moderno, húngaro, italiano, lingua de signos, polaco, portugués, ruso e xaponés no Campus de Santiago, e de alemán, italiano, lingua de signos e portugués en Campus de Lugo. Este ano como novidade incorpóranse en Santiago as linguas coreana, neerlandesa e sueca.

Nos niveis intermedio e avanzado haberá cursos de alemán, francés e inglés, concibidos para seren útiles na preparación dos exames de acreditación segundo o MECR. Trátase dunha oferta formativa na que se dará maior importancia á práctica das destrezas orais.

Cursos con fines específicos
Fóra dos cursos de inmersión na lingua e cultura, no Campus de Santiago prográmanse cursos específicos de inglés para fins académicos (English for Academic Purposes) e o intensivo para a preparación dos exames oficiais de xaponés NOKEN 5. Ademais, haberá un de lingua chinesa a través de textos, aberto a estudantes universitarios de calquera espacialidade, de bacharelato ou a profesionais que teñan interese en coñecer as bases intelectuais do pensamento de Asia Oriental.

L inguas oficiais no estado español
Coa proposta do curso de iniciación á lingua euskera, o CLM completa a oferta que ten ao longo do ano académico de cursos das catro linguas oficiais do estado español así como da de signos española. O curso de galego para non galegofalantes complementan os cursos de galego como lingua estranxeira organizados polo ILG e a RAG para alumnado internacional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2016.