Aberta a preinscrición do máster propio en Protocolo e Relacións Institucionais
A USC desenvolverá este novo curso diversas iniciativas formativas no eido do protocolo e a organización de eventos e cerimonial. A primeira delas será unha nova edición do Máster en Protocolo e Relacións Institucionais cuxo programa docente se vai estender do 16 de outubro ao 22 de xaneiro de 2011. Para este posgrao propio, a preinscrición permanece aberta ata o 9 de outubro. Dirixido a persoas cunha licenciatura, as clases celebraranse os venres en horario de 16:00 a 21:00 horas e os sábados de 9:00 a 14:00 horas.
De xeito paralelo, vanse desenvolver un curso de especialización e outro de experto universitario. O primeiro centrarase no estudo do Protocolo. O seu período lectivo concentrarase entre o 16 de outubro de 2009 e o 26 de xuño de 2010. Está orientado a titulados universitarios e a preinscrición pode formalizarse igualmente ata o 9 de outubro.
O de experto universitario oriéntase especificamente ao Cerimonial e a Organización de Eventos. Vaise celebrar do 24 de setembro de 2010 ao 22 de xaneiro de 2011. A preinscrición neste caso pódese realizar aínda ata o 10 de setembro de 2010, dirixido a todo persoal interesados con independencia do seu nivel formativo.
Todas as persoas interesadas en acadar máis información poden dirixirse aos teléfonos 670.03.03.15 ou 617.49.42.45, nos enderezos de correo esperanza.guede [at] usc.es (esperanza[dot]guede[at]usc[dot]es) e masterprotocolo@usc.és, así como na web http://www.usc.es/cptf/Postgrado/CursosPostgrado/CpM2009-2010g.htm